martes, 28 de abril de 2015

14º sesión: Pontevedra e as pontes

O nome da nosa cidade Pontevedra, que na súa toponimia deriva do latín "pontem veteram", que ten como significado ponte vello, trae implícito a necesidade de falar das pontes que hai na nosa cidade, concentradas as mais importantes sobre o noso río, o río Lérez.

Por orden descendente dende o barrio de Monteporreiro temos: A ponte das palabras, a ponte do Ave, a vía do tren, a Pasarela, Ponte dos Tirantes, Ponte de Santiago, Ponte do Burgo, Ponte das Correntes, Desaparecida ponte do antigo tren, Ponte da Barca e ponte da autovía.

A ponte das palabras: Foi inaugurado no ano 2011 para unir o barrio de Monteporreiro e o complexo hospitalario Montecelo coa carreteira de Santiago e a zona de Lérez e Campolameiro. Créase ademáis unha zona de carril bici e outra peonil que une cos chamados salones do Lérez. Para a súa construcción foron utilizadas dúas grandes barcazas que trouxeron a parte central da ponte.

 
Ponte do Ave: Debido a evolución ferroviaría que se está a dar nos últimos anos na nosa cidade foi necesario crear esta nova ponte sobre o río para ampliar e mellorar o trazado do tren polo paso pola nosa cidade. Esta ponte queda inugurada no ano 2014 e xa pasan os trenes por ela.
 
 
Ponte do tren: Inaugurado no ano 1966, constrúese debido ao cambio da estación ferroviaria na nosa cidade. A construcción da actual estación fai que as vías teñan que levarse pola marxe do río e crúzalo nun punto para poder seguir a unión coa zona norte da nosa comunidade. Este cambio significou un gran avance no desenvolvemento urbano da nosa vila.
 
 
Pasarela: Esta ponte ponil é propiedade da Xunta de Galicia e foi construída no ano 1997 pola empresa Fhecor. Constrúese para unir os espazos naturais das márxenes do río Lérez... a Illas das Esculturas e a Senda lo Lérez. Esta ponte unirá así amplas zonas naturais e de ocio sendo un reclamo para todos aqueles que queiran disfrutar dun fermoso día o aire libre. Inaugurose en xulio do 97 e como curiosidade podemos falar de que está formada por dúas únicas pezas...un tableiro e un arco de metal que foron trasladadas xuntas no momento da súa colocación.
 


 

Ponte dos tirantes: é unha ponte atirantada que cruza o río Lérez. É a quinta ponte que se cronstue e serve para comunicar a avenida de Xosé Malvar coa rúa Alexandre Bóveda. Está incluído entre as 33 pontes mais singulares da historia do noso país. En 1995 someteuse a proba de carga por parte de 16 camións. Mide 195 metros de lonxitude. A súa construcción estivo marcada pola subida e baixada das mareas. Nun principio constrúense catro carris para tráfico rodado, pero co tempo cambian esta distribución para poden unir unha vez mais os paseos das márxenes do río.


 

Ponte de Santiago: No ano 1980 comézase a construír para solventar a saturación de tráfico que había na ponte do Burgo, que sostiña a totalidade do tráfico na unión entre o norte o sur de Galicia. Así aparece esta estructura que se chamará nun primer momento a terceira ponte, ata que se opta polo nome de Ponte de Santiago ao converterse na saída natural en sentida a esta cidade pola construcción da variante N-550 no ano 1987. Aínda que agora mesmo non teña valor arquitectónico, no seu momento foi moi aclamado. Foi ademáis pilar base da expansión da cidade cara a Xunqueira e Lérez.

 
Ponte do Burgo: É un dos símbolos da nosa cidade e tamén a causa directa da súa existencia. Foron os romanos os encargados da súa construcción. A ponte se mantivo en pe ata o s. XII, pero debido ao seu deterioro a cidade veuse na necesidade un novo sobre el, de maneria que se existise estaría sumerxido. A mediados do s. XIX elimínase o cruceiro que está no centro da ponte, que sería trasladado despois de ser restaurado ata a praza da Leña. A reforma mais importante lévase a cabo entre xuño de 1953 e setembro de 1954 co obxectivo de reformar a súa base. Hoxe é paso obrigado polas persoas que fan o camiño portugués.
 
 
Ponte das Correntes: Caracterízase polos seus arcos verticais e paralelos. Foi a séptima ponte que se construiu na nosa cidade e recibe este nome pola zona onde se ubica xa que é a unión de dou afluentes do noso río e ten moitas correntes. en 1989 xa se falaba da súa construcción , pero non foi ata o ano 1991 a súa aprobación. No ano 2012 inaugurouse, sendo a súa construcción en algo mais de tres anos e gracias a el conseguiuse a conexión directa entre a cidade e as marismas de Alba. Nun futuro preténdese que sexa unha unión directa da cidade coa AP-9.
 
 
Antiga Ponte do Tren: Constrúese no ano 1898, rematándose en apenas un ano, con motivo da chegada do ferrocarril a nosa vila. Inaugurouse o 23 de xullo de 1899 para unir a estación da Praza de Galicia coa zona de Vilagarcía...vía Pontevedra - Carril. Posteriormente convertiríase na unión entre a nosa cidade e a capital da comunidade autónoma. Transcurría paralelo a ponte da Barca e foi construido tan rápido pola necesidade de que Pontevedra fose centro de chegada de mercadorías. Estaría operativo ata o ano 1966, ano que se cambiaría a situación da estación. Unha vez fora de servizo procedeuse a desmontarse.
 
 
Ponte da Barca: Os primeiros proxectos para unir Poio e Pontevedra son de fai mais de 150 anos, sen embargo no 1197, xa estaban con problemas para unir a zona portuaria da Moureira e de Poio, sendo os monxes benedictinos o encargados de facer os traslados cas súas propias barcas, de aquí o seu nome debido a este servizo.  No ano 1871 constrúese a primeira ponte de madeira. No ano 1887 xurde a idea de crear una nova ponte que durou mais de 10 anos en construirse inaugurándose no 1905. No ano 1945 reformouse a parte central da ponte construíndose un arco de formigón armado, a construcción de andenes volados en toda a súa lonxitude, levante e reposición da calzada, reforzo dos cimientos do arco e desmontado da estructura ruinosa do arco central. No ano 2002 rematáronse todas as reformas ata chegar a ponte dos nosos días.
 
 
Ponte da autopista: Tamén coñecida coma Ponte da Ría, forma parte da chamada Autopista do Atlántico, a cal cruza Galicia de norte a sur atravesando as provincias de Pontevedra e A Coruña. Foi en marzo de 1992 cando se puxo en servizo este viaduto, libre de peaxe, polo que pasan uns 46.000 coches diarios. É a carreteria mais utilizada do noso municipio.
 

 
 





luns, 27 de abril de 2015

13º Sesión: Pontevedra e a súa fauna

Os alumnos, despois de visualizar unha galería de imaxes da nosa fauna realizarán un mural de recoñecemento que chamaremos: Que animal son?



Para realizar este mural os alumnos terán un animal, que elixirán previamente, dos que lle presentaron e farán un debuxo deste animal. Prepararán unha tarxeta con cartolina e pegarán en primeiro plano o debuxo e nun segundo plano porán o nome e a foto do animal.


Nos como espectadores teremos que adiviñar que animal nos están a presentar. Pero para poder xogar debemos esperar a nosa exposición que xa esta moi preto.

13º Sesión: Pontevedra e a súa fauna

Na nosa cidade abundan as gaivotas e as pombas en grandes cantidades. Nas prazas, nas rúas, nas zonas arboladas, nos peiraos podemos velas en calquera momento do día formando parte do noso que facer diario.

 
Nos nosos parques anidan ademáis estorninos e mirlos. As bandadas dos estorninos son famosas no ceo da nosa zona vella.

 
 
Nos nosos ríos abundan gran variedade de aves, (patos, cisnes, ..), ras, píntegas, serpes, nutrias, bolboretas, tartarugas, insecto, raposos, peixes,..
 


 






martes, 21 de abril de 2015

12º Sesión: Pontevedra e a súa flora

Os alumnos que traballan no proxecto  participaron nunha serie de visitas as nosas zonas mais importantes de natureza da nosa vila.

Primeiro puideron vistar os xardín do Palacio de Lourizán. Acochado entre a espesura do seu propio bosque, atópase o gran palacio de Monteros Ríos. Este lugar é considerado patrimonio botánico de Galicia e polo tanto tema de estudio nesta parte do noso proxecto.



 Os xardíns seguen tendo a forma e beleza da súa época de maior explendor, cando era casa e nela quedaban importantes persoas do noso país a pasar o verán. Atópase nel un estado vexetal realizado polos xardineiros franceses mais destacados a época cunha parte destinada ao cultivo da vid e outra as especies mais exóticas: cipreses, araucarias, cedros, magnolias, plátanos, eucaliptos,...

Os alumnos fixeron una visita por todos os xardíns acompañados polos alumnos da Escola de Capataces que existe no recinto. Foi unha experiencia maravillosa para eles.





 
 
Por otro lado, achegámonos a flora mais cercana ao noso centro, os parque da Alameda e as Palmeiras. Os nosos alumnos descubriron o maravilloso mundo das árbores. Fixemos un percorrido polos mais sinxelos e mais chamativos para eles. Recollemos follas coas que os mais pequenos farán un mural da nosa flora. Por outro lado os maiores faran unha representación pictórica das árbores que viron que tamén será presentada na nosa exposición final.
 
 




12º Sesión: Pontevedra e a súa flora

As prantas son as nosas aliadas para una vida sana e un medio ambiente máis saudable. un undo sen árabores, arbustos ou prantas sería imposible, e polo tanto una cidade sen a súa flora sería tamén algo imposible.


Pontevedra é una cidade con grandes  paisaxes urbanas e una explédida colección de plantas que engalanan os nosos parques, paseos, prazas,...


As plantas axúdannos a vivir e a percibir mais agradable a nosa cidade. As rúas , prazas, alamedas, paseos enriquecen a nosa cidade e a engalan todo ano.


Aredor da nosa cidade existen eucaliptos, piñeiros, carballos, palmeiras, camelios, plátanos...todos eles repartidos polos espacios naturais da nosa urbe. As Palmeiras, A Alameda, o paseo do Lérez, Fernández Ladreda, as marismas de Alba, a Illas das Esculturas...son as zonas de natureza mais importantes da nosa cidade.

luns, 13 de abril de 2015

11º sesión: Pontevedra e o clima.

Para traballar co clima da nosa cidade primeiro faremos unha pequena explicación das estacións do ano en Pontevedra e dentro desta explicación veremos como vai cambiando o noso clima.



Os alumnos de educación infantil e primer ciclo farán unha ficha de Suso nas distintas estacións do ano e onde terán que pintar o clima da cidade en cada momento.

 
Os alumnos de primaria farán un climograma sobre un ano enteiro da nosa cidade e farán un pequeno mural, que veremos na nosa exposición, expoñendo o seu traballo.


domingo, 15 de marzo de 2015

11º sesión: Pontevedra e o clima.

Pontevedra ten un clima oceánico, segundo a clasificación climática de Köppen.  A temperatura promedio é de quince grados. Segundo esta clasificación Pontevedra ten un clima oceánico con veranos suaves, ainda que fai uns anos esta clasificación vai cambiando cara un clima oceánico con veranos secos, xa que temos mais altas temperaturas.



A nosa cidade ten un microclima caracterizado por ter unha estación seca e temperaturas superiores nos meses mais cálidos. É uns dos climas mais benignos de Galicia e conta coa maior cantidade de días soleados da nosa comunidade, equiparando a nosa cidade coas das comunidades andaluza e valenciana.



As Rías Baixas son un dos puntos mais chuviosos de Galicia, sen embargo, Pontevedra capital con elevadas precipitacións é unha das cidades menos chuviosas de Galicia.




A cidade ten poucos cambios de temperatura grazas á influencia do mar. Os veráns son de calor moderado e os invernos estan marcados por pequenas heladas e temperaturas no moi frías.